1- Mario nos videoxogos, diversión nos miolos
2- Cando unha consola vai nacer, con ela un Ridge Racer vas ver
3- Só unha consola vas defender, moito entretemento vas perder
4- Cada portábel que sae á venta, menos portábel e máis se asenta
5- Xogos de filmes, merdas sublimes
6- Se te queres viciar, xoga ao Mario Kart
7- Se de Internet vas descargar, de seguro que te vas arruinar
8- Merda, hai que ir comer, pois dálle a pausa, comer e volver
9- O cooperativo nas campañas, menos tolería e máis mañas
10- Non teredes horas de diversión, se non estades sentados nun sillón
11- Se non queres ser un neno malo, botalle unha partidiña ao Halo (Carlos)
12- De tal ruído que fixen co Guitar Hero, o meu veciño quíxose dar un tiro (Carlos)
13- Se Miyamoto non dirixe un Zelda, o máis seguro é que sexa unha merda (Galaicus)
14- Se toda a vida non queres perder, menciñas, cogumelos e corazóns non has deixar de coller (Agrellagalega)
PD: Tentemos aumentar o Refraneiro Galego de Videoxogos entre todos. Todos os refráns que se vos vaian ocorrendo escribídeos nos comentarios e irei actualizando esta entrada.
Vamos ver se entre todos conseguimos o noso propio Refraneiro Pixelado.
Contamos coa vosa colaboración!
Se non queres ser un neno malo, botalle unha partidiña ao halo
De tal ruido que fixen co Guitar Hero, o meu veciño quíxose pegar un tiro.
Se toda a vida non queres perder, menciñas, setas e corazóns non has deixar de coller
Despois dos acontecementos recentes:
“Se unha videoconsola queres anunciar, polo menos, tela que amosar…” xDDDD
Máis vale DS na man que mando da Wii voando
Se de Camper decides xogar, amigos non agardes coleccionar