Hai un tempo vimos como o bo de Nathan Drake camiñaba polo deserto até entrar nun poboado. Mais que problema tiña ese vídeo? Que estaba gravado en cualidade ruín e non se apreciaba tan ben a marabilla de videoxogo.

Mais agora Sony puxo á nosa disposición o vídeo en execelente cualidade, e irremediabelmente volve chamar a atención de calquera. E xa non me refiro aos gráficos (que deixan apampados a calquera), senón a detalles como de buscar auga para beber, lanzarse contra un inimigo desde unhas escadas, un chan que se derruba…

Estas pequenas cousas fan do Uncharted o que verdadeiramente é, mais por favor, por favor, engadídelle un chisco máis de dificultade…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario