Microsoft vén de anunciar hoxe o lanzamento do servizo que permitirá ver máis de 40 provedores internacionais de televisión a través da súa consola, a Xbox 360.
“Este novo servizo permitirá que o usuario vexa as súas series de televisión, procurar fácilmente contidos de diversos provedores e interactuar co contido” informou o vicepresidente de comunicacións de Microsoft, Frank X. Shaw.
Estarán dispoñibles canles de provedores como Bravo, Comcast, HBO GO, Verizon, FiOS e Syfy nos Estados Unidos; BBC no Reino Unido; Telefónica en España; Rogers On Demand en Canadá; Televisa en México; ZDF en Alemania; e Mediaset en Italia. A maiores, tamén inclúe tamén eventos deportivos internacionais.
No caso de España, poderánse ver os contidos de Canal +, Movistar Imagenio, GolTV, Antena 3 e Radio Televisión Española.
Ademáis, será compatible co Kinect, polo que o usuario poderá controlar o servizo sen mandos, alén de poder compartir os contidos a través das redes sociais.
A actualización deste servizo estará dispoñible en máis de 20 países neste mesmo Nadal.
“O anuncio de hoxe constitúe un paso fundamental de cara o noso obxectivo de facer chegar ao usuario todo o entretemento que busca e que poida compartilo coas persoas que lle importan dun xeito sinxelo”, declarou o presidente da división de Entretemento interactivo de Microsoft, Don Mattrick.