Violento tráiler de «The Darkness 2»

Por: Mércores, 5 de Outubro de 2011

1- Decapitación de cabezas

2- Partir a unha persoa en dúas

3- Atravesar corpos

4- Cránios ao espeto

5- Sangue sen escatimar en gastos

6- Mais non vín ningunha invocación

Xa vedes, moito máis violento que a primeira excelente parte, mais non sei eu se estará á altura, e como xa dixen, as invocacións?, e o apartado técnico evolucionou tanto con respecto ao anterior?

A ver en que remata isto, pero quero ter fe nesta saga.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “Violento tráiler de «The Darkness 2»”

  1. Home, nun tráiler dun minuto, pouco poden ensinar… haberá que agardar un pouco a ver se sacan outro máis completo co das invocacións que ti comentas.

    Sobre o do apartado técnico, penso que apenas se nota diferencia coa primeira parte (gran xogo, por certo). Parece que só cambiaron por un estilo tipo cómic, non tan evidente como o “Borderlands”, pero bueno… Aínda así, a min o que realmente me gustou da primeira parte foi a propia historia do xogo, máis que o apartado técnico, que tampouco é que fose gran cousa naquel momento. Quedaba nun suficiente, vamos.

    Un saúdo. 😉 😉

    P.D: Eu tamén quero ter fe nesta saga, pero non sei eu se nos levaremos unha boa labazada con esta segunda parte. 🙁 🙁

  2. Skaltum di:

    Pois honestamente penso que a primeira parte tiña un apartado técnico moi bo, tendo en conta que foi un dos grande “pelotazos” da Xbox 360. De todos os xeitos, desfrutei de The Darkness como un neno cun caramelo, porque para min tiña unha diversión moi grande.

    Estará esta segunda entrega á altura do primeiro?, buff, non quero arriscarme a dicir nada porque non sei se me convencerá tanto, mais sigo dicindo o mesmo, conforme outros teñen fe en seres fantásticos e imaxinarios, eu teño fe en The Darkness 2. Quén está máis tolo?

  3. Eu case prefiro non agardar gran cousa do «The Darkness 2», así, a hostia non será tan grande, no caso de non cumplir coas expectativas… jejeje. O gran problema é que a primeira parte deixou o listón demasiado alto, polo que lle vai custar bastante. Por agora, só podemos agardar, en principio e salvo demora, ata febreiro do ano que ven (váisenos facer demasiado longa a espera…).

    Como ti ben dis, foi un dos «pelotazos» da Xbox 360 no seu momento (aínda que non fose tan publicitado como outros títulos da época) e para min foi un dos mellores xogos desa época, sobre todo pola impresionante historia que narra.

    Un saúdo. 😉 😉

Deixar un comentario