O anterior Need for Speed foi todo un xogazo que tivo unha excelente acollida por todos os fans (se é que Criterion nunca defrauda nos temas de condución), e con este The Run pretenden que a saga Need for Speed volva estar en boca de todos.

Persoalmente dubido que chegue á calidade do anterior (será porque non está nas mans dos creadores de Bornout), pero para saír de dúbidas poderemos probar a Demo o próximo 18 de outubro.

Esta demostración contará con 2 coches e 2 localizacións que nos permitirá ver a suposta calidade de The Run, pero carreiras a pé, QTE…tempo ao tempo.

http://www.youtube.com/watch?v=d7iZrrmLzXA&feature=player_embedded

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “O 18 de outubro teremos Demo de “Need for Speed: The Run””

  1. O único bo que tivo o anterior foi que volveu ó estilo clásico dos Need for Speed, con persecucións policiais, etc., alonxándose así do mundo “tuning” co que perderon calidade en anteriores entregas, na miña opinión.
    Do resto, pareceume un estilo de condución moi arcade, pero bueno, iso xa é común nesta saga… jejeje

    Un saúdo. 😉 😉

Deixar un comentario