O Kirby resucitará antes do Nadal

Por: Mércores, 28 de Setembro de 2011

Por se non o sabedes, o Kirby’s Epic Yarn non me agradou, non me agradou nada, e continúa sen me agradar por moi boas críticas que vexa pola rede. Tanto me ten, porque despois de ver o tráiler do próximo Kirby que vai chegar á Wii acougo un pouco. Kirby volta ás orixes mantendo as características que fixeron famosa a bóla rosa de Nintendo.

Até aquí nada novo, mais a nova escríboa porque se acaba de adiantar o seu día de lanzamento. Se ben nun principio estaba previsto para o Nadal, agora o Kirby’s Adventure poderémolo probar o 25 de novembro.

Para que vos fagades unha idea do que será, déixovos o tráiler que se mostrou no E3.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario