Um joystick, um violão 4: «Mad Sina»

Por: Sábado, 24 de Setembro de 2011

Desta vez o humorista brasileiro Marcos Castro ofrécenos unha versión da canción “Sina” coa letra modificada para falar de videoxogos. Como de costume, o .mp3 da música está dispoñíbel para baixar.

Plus: Desta vez a musiquiña do final non é do Sonic, mais é dun videoxogo a que tamén teño moito cariño 😉

Outras cancións da serie:

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario