“Enslaved” non terá segunda entrega

Por: Venres, 23 de Setembro de 2011

Por se non o lembrades, hai un tempo Ninja Theory (a desenvolvedora encargada de frustrar os que somos amantes do Devil May Cry) creou un xogo intitulado Enslaved, unha aventura de acción que persoalmente me causou moi boa impresión.

Até agora había unha pequeniña esperanza de que puidese aparecer unha segunda entrega onde continuaran as aventuras dos protagonistas, mais hoxe acaban de asegurar que non haberá secuela polas baixas ventas que tivo. Apenas 750.000 unidades a nivel mundial.

E como ben dixeron eles mesmos, agora teñen outra OPORTUNIDADE co Devil May Cry, como quen tira un dado ao ar.

En fin, más novas para min.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario