Onde está Wall·e?

Por: Mércores, 14 de Setembro de 2011

Clica na imaxe para vela en grande, se non pouco vas ver...

Pois iso… buscar o Wall·e entre a recua de robots. Aínda que realmente encontralo é o de menos, paga máis a pena xogar a recoñecer os robots da imaxe e revivir momentos de nostalxia (Está Alpha 5!).

Vía | marcus.es

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario