http://jabosoft.com/
Jnes é un emulador da Nintendo Entertainment System, máis coñecida como NES (ou Famicom no mercado asiático). É distribuído baixo unha licenza freeware. É dicir, é software gratuíto mais non software libre.
Traducín a interface do emulador ao galego (normativo e reintegrado) para todos vós. Informarei aos desenvolvedores para ver se é posíbel incluíren a tradución de forma oficial. Mais, entrementres, podedes encontrala aquí. A seguir está a ligazón para baixares o emulador traducido. Só tes que baixalo, facer duplo clique no ficheiro jnes.exe e escoller o idioma galego (ou português da Galiza para a versión en galego reintegrado) no menú despregábel.
DESCARGAR EMULADOR JNES EN GALEGO
Jnes_1.0.2_-_Update-2 executábel para Windows multilingüe (incluíndo galego)
DESCARGA AVANZADA
Inclúo a descarga do emulador para windows desde a páxina orixinal e a descarga dos ficheiros da tradución ao galego por separado. Iso é para usuarios avanzados, polo que se non entendes o que é non te preocupes. Tu só baixa o arquivo de riba e a vivir.
Executábel de Windows compliado en .exe (fonte orixinal): jnes_1_0_2_update-2.exe
Executábel de Windows comprimido en .zip (fonte orixinal): jnes_1_0_2_update-2.zip
Ficheiros de tradución á Lingua Galega: jnes.lang.GL.zip
Para máis informacións e descargas visita a sección de Jnes da web orixinal.
Que fantastico traballo…. que minimo que deixar un comentario polo teu esforzo…. 🙂
[…] 😎 Vía: http://www.osarquivosdameiga.com/viewtopic.php?p=15217 http://memoriapixelada.com/2011/09/10/jnes-en-galego/ […]