Recreativas hai moitas (aínda que parece que cada vez menos), pero dame a min no fuciño que no país nipón aínda teñen a fama que se merecen, e como era de esperar, sempre hai algunha… que chama a atención.

A que vos amoso creo que é destas últimas, pero dándolle voltas á cabeza, esta recreativa podería desfrutar de moitos xogos coa mesma finfalide, pero iso déixovolo pensar a vós.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario