Non fai moito que saíu o rumor de que o primeiro Crysis (ese FPS que tanto emocionou aos usuarios de PC) chegaría ás consolas nunha revisión do propio.
Daquelas non había nada oficial, mais agora xa si, xa podemos asegurar que Crysis aterrará na Xbox 360 e Playstation 3 o próximo mes de outubro a través das súas plataformas online, XBLA e PSN.
Parece ser que terá melloras no control e unha iluminación algo superior. Polo que se apreza no tráiler non se ve nada mal, aínda que dubido que chegue á calidade dun PC na súa máxima potencia.
Como é habitual, aínda non dixeron nada do prezo, pero botádelle polo alto, xa que un xogo destas características supoño que non baixará de 15 ou 20€.