Xa sabiamos de antemán que esta recopilación/remasterización chegaría á consola de Sony (ben sabemos como lle gusta a esta compañías recopilar xogos antigos) mais a sorpresa aparece cando o organismo que regula a calificación por idades nos Estados Unidos, a ESRB (a miúdo con decisións chorras,frustantes e ilóxicas), volveu a calificar todos os xogos de Dante remasterizados, tanto para a PS3 como para a Xbox 360.
Así que xa sabedes, agora os usuarios da consola de Microsoft tamén poderán desfrutar desta saga en HD, unha das mellores sagas de acción que saíu para a PS2, e volvo repetir que a segunda parte de Devil May Cry non é tan mala como pintan por aí, só que en comparación coa primeira entrega, calquera título queda a un segundo plano.