Antes de nada quero dicir que non me fío nun un pelo das declaracións que fixo o portavoz de DICE por twiter, Alan Kertz, xa que segundo as súas palabras se queremos conseguir todos os desbloqueábeis de Battlefield 3 (liberar todos os gadgets, armas, elementos bloqueados, etc) chegaremos ás 100 horas de xogo.

Primeiro punto: Entón canto vai durar a campaña individual, porque tendo en conta nas cifras que se moven para resolver temas secundarios (como é a adquisición de todas as armas, etc) dame a entender que a campaña individual terá que ser relativamente longa para un FPS, e aínda que xa confirmaron isto, perdoádeme por non crelo tampouco.

Segundo punto: DICE atópase na súa etapa de márketing, e ben sabemos que ten un difícil competidor polo que ten que botar man do que sexa. Espero que sexan palabras verdadeiras e non fume.

Que vai ser un xogazo para todos os amantes dos FPS?, por suposto, que vou botar 100 horas xogando á campaña?, nin de broma.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Battlefield 3 durará 100 horas se o queres pasar ao 100%”

  1. EnthalpyFlow di:

    Non o cre nin el. Vamos, a campaña vai ser de longa como a do Bad Company 2 ou un pouquichiño máis, o que pasa e que é moi doado dicir que dura trescentas horas contando como tempo de xogo conseguir tódolos logros/trofeos/armas/perks do modo multixogador…

Deixar un comentaio a EnthalpyFlow