Namco Bandai, o encargado desta nova entrega de Dragon Ball para consolas acaba de publicar un vídeo en que se mostran algunhas novidades do Dragon Ball: Ultimate Tenckaichi.

A máis salientábel é o modo Heroe, en que crearemos e personalizaremos o noso propio personaxe coas características propias do universo de Toriyama. E con el habemos de percorrer o mundo loitando contra os inimigos que topemos.

O aspecto gráfico continúa a ser tan patético como pareceu nun inicio e, con este modo non fai que me atraia para nada esta nova entrega de loita.

Son Goku, medramos xuntos, mais cando te meten en proxectos así deberíaste converter en Superguerreiro e lanzar máis dunha onda vital.

Como sempre vou deixar un oco para a esperanza, aínda que visto o visto…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Crea o teu personaxe no “Dragon Ball: Ultimate Tenkaichi””

  1. Guybrush di:

    Pois a min a verdade e que os Tenkaichi gustanme bastante, e os gráficos non me disgustan. O celd-shading que usan paréceme adecuado pois conserva o aire anime da serie. Ademáis o importante do xogo para min non son os gráficos, senón que manteña o alto ritmo de combate doutras versións (xogos de pelexa rápidos e de reflexos).
    Un saúdo e parabéns polo blog 🙂

Deixar un comentario