Para todas aquelas persoas despistadas, direi que só faltan 19 días para que o fin da triloxía de Gears of War chegue ás nosas mans. E como é habitual en Epic Games, antes do lanzamento sacan un tráiler dramático ao mesmo tempo que espectacular, rodeado dunha banda sonora triste e melancólica que nos promete algo grande.

Espectacular, dramático, impresionante.

Irmáns até o final.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “Dramático tráiler de lanzamento do Gears of War 3”

  1. Encántanme estes vídeos que sacan. Aínda que como o do primeiro, non houbo outro… jejeje

  2. Skaltum di:

    Pois se che digo a verdade este recordóume moitísimo a ese tráiler do primeiro título que mencionas.

    O primeiro tiña o aliciente da novidade, mais aínda que eu tamén recordo con moito entusiasmo a “promo” do primeiro Gears of War, este tampouco se queda atrás.

  3. Carlos di:

    boisimo…. mais totalmente dacordo; como o trailer do primeiro gear con ese tema de “mad world” non hai….

Deixar un comentario