O presidente da Nintendo, Saturo Iwata volveuse pór ao dispor da prensa para resolver dúbidas. Nesta ocasión volveu reafirmarse no que xa dixo anteriormente e ninguén creu: Que a Wii U sería unha consola que recuperaría a confianza perdida polos xogadores máis tradicionais.
Como saberedes, mesmo o creador de Mario e Zelda (Shigeru Miyamoto) recoñeceu que a Wii foi vendida para xogadores “casual”. O feito de deixar atrás a alta definición e un apoio a videoxogos máis sinxelos, chafalleiros, ruíns, ou cantos sinónimos queirades, non axudou demasiado.
Deste xeito, a idea Iwata será volver captar a atención de todos aqueles que medramos coa NES, pasamos centos de horas coa SNES e ficamos medio choscos coa Nintendo 64. Ou por dicilo doutra maneira, de captar a atención de todos aqueles xogadores que fixeron da Nintendo o que é hoxe en día.
Por un lado encántame escoitar estas palabras, mais teño tanta fe nelas como en que me toque a lotaría do Natal (e quero deixar patente que non xogo a ela). De todos os xeitos, vamos deixar pasar un tempo a adaptarse á consola, que se ha de pór á venda en 2012.
Falas da NES, da SNES, da N64… E que passa com aqueles que tivemos a Game Cube? Também somos gente
de Deusde Nintendo!Non penses que me esquecera dela, mais por unhas ventas moi febles xunto a uns xogos que non acabaron de convencer (polo menos a maioría),pensei que a Game Cube non representaba aos xogadores hardcore típicos de Nintendo.
Sempre que falo de Game Cube sempre digo o mesmo, foi a consola da transición entre o cambio de Niintendo cara os casual gamers.