Volta o Mario Portal

Por: Luns, 29 de Agosto de 2011

Xa hai un tempo colguei un vídeo de Mario empregando a arma do Portal para superar as fases clásicas do fontaneiro.

Agora chega unha segunda parte desta singular mestura. Que por que continúan coa brincadeira? Porque parece que a brincadeira vai máis alén, até converterse nun proxecto real.

Como a creación continúe así de seria non creo que a Nintendo demore en se facer ver. Entrementres, podedes ver este novo vídeo que mostra como sería o resultado.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario