Un dos responsábeis de Bioware respondeu a unha serie de preguntas relacionadas, como non, sobre o seu próximo Mass Effect 3.

As respostas foron esperanzadoras para todos aqueles que desfrutamos desta serie de videoxogos galácticos. Porque o Mass Effect 3 será un final épico para a triloxía do comandante Shepard, mais non será o encerramento definitivo da saga Mass Effect.

As súas palabras concretas foron:

“Non, non será o final do universo Mass Effect. Temos planos ambiciosos para continuar esta franquía. O Mass Effect 3 é ao mesmo tempo dúas cousas moi diferentes: Unha conclusión épica á triloxía, como prometemos aos fans que lles dariamos para o Comandante Shepard, e ao mesmo tempo un novo comezo. Será o punto de entrada para novos seareiros neste novo comezo.”

Alén disto, tamén mencionou que Shepard non aparecerá en futuras entregas do Mass Effect.

Xa sei que estades a pensar que queren explotar unha saga tan rentábel como esta, mais que queredes que vos diga? Mentres continúen a facer xogos desta cualidade, por min que non paren.

Vía: 3DJuegos

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “O “Mass Effect 3” non será o final da saga”

  1. Totalmente de acordo co derradeiro párrafo. Calquera dos dous anteriores son uns xogazos e case que de seguro que este terceiro non vai decepcionar ós fans da saga, así que se seguen mantendo a calidade, que sexa por moitos máis, aínda que non será o mesmo sen o Comandante Shepard, pero bueno…

Deixar un comentario