A Lenda do Cucco: A Ocarina do Tempo

Por: Luns, 29 de Agosto de 2011

Todos estabamos trabucados cando pensamos que o auténtico heroe de Hyrule era o bo de Link. Existe outro personaxe de Zelda que se mantén ao marxe, tranquilo e sen meterse con ninguén, sempre que non se metan con el.

Nunca souben moi ben porque lle chaman Cucco a unha galiña feita e dereita, pero nestes seres recaen a verdadeira forza de Hyrule.

Se non credes isto debedes ver o seguinte vídeo no que recolle as súas aventuras.

Un vídeo obrigatorio para calquera.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario