A terceira grande feira sobre videoxogos comezará dentro de moi pouco. Un mes falta para que o Tokyo Game Show abra as portas un ano máis, e como sempre algunhas compañías sacan á luz os títulos que van mostrar alí.

A primeira en reaccionar foi a Konami, que publicou unha listaxe dos videoxogos que estarán no Tokyo Game Show en versión xogábel ou non.

Continuade a ler para ver estes títulos.

  • Frontier Gate (PSP)
  • Terror of the Stratus (PSP)
  • Beyond the Labyrinth (3DS)
  • NeverDead (PS3, 360)
  • New Love Plus (3DS)
  • Metal Gear Solid: Peace Walker HD (PS3, 360)
  • Metal Gear Solid: HD Edition (PS3, 360)
  • Metal Gear Solid: Snake Eater 3D (3DS)
  • Pro Evolution Soccer 2012 (PS3)
  • Pop’n Music Portable 2 (PSP)
  • Silent Hill: Downpour (PS3)
  • Blades of Time (PS3, 360)
  • Birds of Steel (PS3, 360)
  • MLB Bobblehead Pros (PS3)

Persoalmente hai títulos que me interesa moito ver, como é o caso do Never Dead. Mais outros teño medo de deles, como pode ser o caso da versión MGS 3 para 3DS, porque as imaxes que mostraron hai pouco presantaban uns gráficos moi pouco aceptábeis. Esperemos que non sexa así, aínda que…

Xa sabedes, un mesiño para que dea comezo unha nova entrega do Tokyo Game Show, esperemos sorpresas.

(Vía: Anaitgames)

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario