Xa sabiamos que este ano teriamos nas nosas mans a remasterización de dúas obras mestras (sen exaxerar nin un chisco) da PS2. Estes dous prodixios de videoxogos son criaturas do Team ICO. Obviamente estoume a referir ao ICO e Shadow of the Colossus.
Agora por fin sabemos a data exacta en que poderemos aproximarnos á calquera tenda e adquirir este pack para volver desfrutar de dúas máxicas aventuras, ese día é o 29 de setembro.
Que é o que engaden a maiores? Honestamente penso que é totalmente irrelevante falando de tales videoxogos, mais para a vosa información contarán con trofeos, permitirán 3D estereoscópico, temas para as nosas consolas e material inédito dos dous videoxogos. Unha miseria comparado coa grandeza de ambos os xogos.
Cada vez gosto menos destas remasterizacións (máis que nada porque as compañías aprovéitanse demasiado delas). Mais pensemos un pouco, estamos a falar do ICO e Shadow of the Colossus, sobran as palabras.