“I Am Alive” está vivo e pode estar rematado

Por: Domingo, 21 de Agosto de 2011

Os rumores surxían hai uns días cando se mencionaba que o videoxogo I Am Alive podería estar xa rematado.

Se recordamos un pouco sabemos que este é un título dos que sempre estivo na corda frouxa con atrasos e mesmo cancelacións do propio proxecto, aínda que como se aprecia no seguinte tráiler con algo de gameplay o videoxogo continúa vivo e incluso podería estar xa terminado.

Polo de agora o único que podemos dicir con absoluta seguridade é que non é un proxecto esquecido, aínda que algunha modificación a respecto das imaxes iniciais si que hai.

É certo que continúa a estar a cidade destruída e que deberemos sobrevivir a ela, mais graficamente parece que é bastante frouxiño e o protagonista de certo non se parece nada ao orixinal.

Honestamente non me prognostican nada bo estos títulos que se cancelan, que se recuperan, que mudan de desenvolvedora, que van e veñen… veremos como evoluciona.

http://www.youtube.com/watch?v=d6fRcrNplBQ&feature=player_embedded

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario