Anunciado un redeseño da Wii

Por: Mércores, 17 de Agosto de 2011

A Nintendo está na boca de todo o mundo. E aínda que non asistiu á GamesCom, volve ser noticia co anuncio dun novo redeseño da Wii.

As modificación externas que se aprecian non son moi exaxeradas, é dicir, será algo máis pequena e pouco máis. Mais nas modificacións internas si que hai unha grande novidade: NON INCLUIRÁ RETROCOMPATIBILIDADE CON GAME CUBE.

Moi ben Nintendo, estás a levar unhas estratexias adiante que non entendo moi ben. Primeiro errades por completo coa 3DS e agora, á vosa consola máis vendida e espallada, eliminádeslle a retrocompatabilidade que tantas alegrías causou. E non só no tema dos videoxogos, senón que non poderá empregar ningún accesorio da Game Cube (tampouco os mandos).

E por se fose pouco, a Nintendo deixará de fabricar os modelos clásicos da Wii, de modo que como queirades aproveitar a retrocompatibilidade xa vos podedes ir espelindo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Anunciado un redeseño da Wii”

  1. Skaltum di:

    Eu cada vez tamén a entendo menos, mais xa se comeza a falar que este rediseño (capado), poderá vir cunha oferta, xa se rumorea que pode custar entre os 100 e 150 euros.
    Sigo sen comprendelo sendo a consola máis vendida, pero algo mais de xeito pode ter.

Deixar un comentario