Voltamos cunha nova entrega de idioteces reais que acontecen polo mundo adiante. Desta volta viaxamos até a Suíza, onde unha asociacion policial, concretamente “The Swiss Christian Police Association” (a súa tradución xa non augura nada demasiado liberal, nin progresista) pretende censurar (e incluso prohibir) o videoxogo «The Darkness 2» porque hai escenas en que se dispara a policías.
“Xa se aconsellou a políticos, desenvolvedores e vendedores que ese tipo de xogos debían ser eliminados da circulación inmediatamente. […] Cando a policía na Inglaterra se converte en obxectivo de turbas agresivas, é importante que eses axentes non se vexan representados como o inimigo”.
O conto de nunca acabar, observan o videoxogo como o inimigo de calquera situación violenta, cando nos están a bombardear diaria e continuamente con imaxes de violencia corporal, violencia verbal, escenas de mortes e masacres.
E todo isto sen entrar en filmes para maiores de sete anos con execucións, asasinatos a sangue frío, pelexas… pero claro que non, isto non inflúe. Porén nun videoxogo é inadmisíbel. Que tristeza me produce.
Ah, a propósito, a 2K, compañía responsábel do videoxogo, respondeu este comunicado cunha soa frase:
“Os rumores de que mates polis no xogo son falsos. Non saen polis no xogo”.
Ésta é a típica polémica que sempre saen contra os videoxogos, como xa pasou co Medal of Honor porque podías ser do bando talibán. Vamos a ver: é só un videoxogo!!! Porque faga iso nun videoxogo, non significa que vaia saír á rúa e me vaia poñer a pegarlle tiros aos policías ou soldados que atope, igual que non se me ocorre conducir a 300 Km/h porque o faga na consola!!!
Pero bueno, este tipo de grupos de xente de mente tan pechada non ven máis alá do que lles interesa e é das poucas maneiras que teñen de chamar a atención, porque seguramente, ningún de nós tiñamos oído falar deles ata agora.
E por que non prohiben os xogos de Mario? Non teñen medo de que os rapaces se dediquen a comer setas alucinóxenas e a romper ladrillos coa cabeza?
Por desgraza os videoxogos están sempre en boca dos pseudo-periodistas mediocres e asociacións deste tipo para recibir golpes que non teñen nin pés nin cabeza.
Recordo non fai moito saía á luz unha nova na que dicía que un neno morrera dun ataque ao corazón por culpa de xogar moitas horas á consola. Sen palabras.
Pero bueno, tamén lle botaron a culpa aos videoxogos ás caries, o ataque dun can (non é broma) e os xa máis que coñecidos psicópatas xogadores de GTA, etc, etc, etc.
Pero o problema xorde cando a xente desinformada interioriza e cre estas idioteces.
Prensa amarela, que se soe chamar… e si, o maior problema non é o que publican, se non que hai moita xente que o cre.