Assassin’s Creed, esa saga da que non teño peito a pasar ningún xogo polo aborrecidos que me parecen, xa vai polo cuarto título: Revelations.

Sei que até aquí non digo nada novo, mais a Ubisoft acaba de anunciar que este novo videoxogo terá unha Beta multixogador en setembro para todos os usuarios de PS3, que dará comezo o 3 de setembro.

Concretamente irá do 3 ao 11 de setembro e será exclusiva para os membros de Playstation Plus (inxustiza!). A dita beta contará con 9 personaxes, 3 escenarios e 4 modos de xogo (Wanted, Manhunt, Deathmatch e Artifact Assault).

Para aqueles que esperedes este videoxogo recordarvos que sairá o 15 de novembro como somnífero para todos xogo do ano.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario