Acabo de ter cinco minutos dunha sensación rara vendo un vídeo do Sonic. Normalmente xa daba por feito o que ía topar, un Sonic ortopédico correndo como se o capasen. Mais desta volta mudou algo, mellor, mudou todo.
Acabo de ter cinco minutos de alegría vendo como o Sonic Team fixo caso aos seguidores do Sonic e con Sonic Generations pretenden resucitar unha icona que se fixo clásica con apenas tres entregas (tres e media contando Sonic & Knuckles), porque do resto é mellor esquecerse.
Vemos un Sonic a correr de verdade por escenarios en 2D, intercalando pequenas fases en 3D que polo que parece non interrompen o correcto funcionamento do xogo. Vemos un título cun apartado técnico decente. Vemos escenarios en movemento. En resumo, a min o que vin agradoume.
SEGA volverá estar na boca de todo o mundo con este título? Habémolo de saber en novembro, data en que sairá o Sonic Generations para Xbox 360, PS3 e Nintendo 3DS.
Polo de agora déixovos con este gameplay e espero a reacción dos que medraron co Sonic.
Muito me temo que nom. Provei a demo para a PS3 e foi umha decepçom. Sim, tem gráficos bons e acende aquela faísca da nostalgia com fases míticas da saga, mas… nom o vejo um bom jogo.
Esperarei a prová-lo mais a fundo, mas só lhe vejo êxito em fãs nostálgicos (como um servidor). O Sonic deveria reinventar-se para chegar ao grande público.
Pois estou en desacordo contigo neste aspecto. Penso que o mellor que poderían facer é realizar un Sonic clon das tres primeiras partes (inclusive o aspecto gráfico), e con clon refírome a escenarios 2D cun Sonic andando a velocidades supersónicas superando saltos.
Penso que da innovación Sonic morreu, un Sonic-lobo?, un Sonic escuro?, pero en que estaban pensando, e xustamente por iso lle dou o meu voto de confianza a este Generations, porque parece que se mantén bastante fiel a verdadeira esencia de Sonic.
Certo é que mete cousas no medio coas que teño que ver como se introducen no propio xogo, pero nun principio teño ganas de probalo, iso si, se teño que tragar as miñas palabras, trágoas…
Claro, o caso é reinventar-se mas com sentidinho, como fai o Mário. Para mim a Nintendo com a sua mascote é o modelo que deveu seguir a Sega com o Sonic.
Moitos parabens rapaces… nestes tempos dificiles para a lingua da gusto ver non so unha paxina en galego de videoxogos… senon unha paxina en galego de videoxogos e desta calidade….. 🙂
O gusto é noso atopar lectores tan activos coma ti, esperemos verte máis a miudo, por certo tamén andamos polo foro,por se che apetece falar de temas que aquí non tocamos ou tocamos por riba.
Saúdos