Tanto ten o que dixese un amigo dun coñecido que sabía dun colega dun tipo que traballa para a Sony. Todo falacias (non confundir con felacións). Acaba de falar Kazuo Hirai, principal responsábel da Sony Computer Entertainment e, segundo as súas palabras, a próxima e nova portábel non chegará até principios de 2012.
Polo de agora os rumores situaban a saída da PS Vita para outubro deste mesmo ano, pero nada. A finais do ano vai chegar, claro que vai chegar, mais a terras niponas. Entrementres os europeos teremos que esperar até principios de 2012 (aínda non hai data concreta).
Tamén mencionou que a enorme baixada de prezo da súa competidora, a Nintendo 3DS, non ha de influir para nada nos seus planoos futuros. A PS Vita sen 3G a 249€ e con 3G, a 299€ continúan a ser prezos competitivos no mercado.
A propósito, a escusa que puxo Kazuo Hirai para este retraso en Europa foi que pretendía sacar a consola nun lanzamento con bo catálogo de videoxogos. E ben seguro que se é certo había de ser un grande paso pola súa parte.
negro futuro lle vexo a esta consola….. con 3g parece unha timada… ninguen vai pagar internet pra botar unhas partidas online (ademais indo lento… con 3g imposible que tire ben semellantes xogos)….