Acaba de anunciarse o lanzamento do xogo de mesa baseado no mundo do ‘Gears of War’.
Ata catro xogadores tomarán o control de soldados da CGO para destruír a horda Locust e deben traballar xuntos para completar as misións contra o desafiante xogo de enxeño e variado sistema de xogo.
Nesta versión de mesa revivirás momentos clásicos do Gears of War e Gears of War 2. Incluirá unhas 30 figuras, 200 cartas, 9 dados e moito máis.
Tocante ó prezo, por exemplo, en Amazon está por uns 80 $ (uns 57 €, aprox) e dispoñible a partir do 31 de agosto.
Pois non ten mala pinta non, ou será que estou coaccionado polos impresionantes videoxogos?
Non sei, pero unhas partidas botáballas, aínda que non creo que sexa moi barato…
Eu creo que é porque estás desexando que saia o Gears 3… xD
En canto ó prezo, en Amazon está por 79.99 $ (uns 56~57 Euros) a partir do 31 de agosto.
Esta ben, pero so para cando se vaia a luz e non podiamos xogar a xbox xD xD xD