O «Borderlands 2» xa se está a desenvolver

Por: Mércores, 3 de Agosto de 2011

O Borderlands foi un xogo que estivo en boca de todos durante moitos anos, e os continuos rumores sobre unha secuela foron medrando até seren hoxe confirmados por 2K Games e Gearbox.

A día de hoxe temos moi pouquiños datos sobre esta segunda entrega. Sabemos que voltaremos a Pandora e toparémonos con novos inimigos, novas armas e novas técnicas ao tempo que manterán o apartado técnico que tanto gustou da súa primeira parte.

Aqueles seguidores que xa estean a devecer por lle botar o dente aínda van ter que esperar bastante, porque está prevista que saia para o ano fiscal de 2013 que comeza o 1 de abril de 2012.

Será un título multiplataforma e parece ser que na GamesCon aparecerá algo do Borderlands 2. Supomos algún que outro tráiler.

Persoalmente a primeira entrega pareceume decente, mais carecía de máis substancia. É complexo describir o que me supuxo, porque foi un shooter innovador, que sae bastante do habitual, mais a medida que pasaban as horas ía perdendo interese nel… quizá foi causa miña, mais espero que nesta segunda entrega consigan meterme máis na historia e presenten misións máis atraentes.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “O «Borderlands 2» xa se está a desenvolver”

  1. Totalmente de acordo. A primeira parte, se ben nun principio me chamou a atención por ser algo diferente do que estamos acostumados, co paso do xogo, víase que lle faltaba algo e decepcionou un pouco.

    A ver se nesta segunda parte o melloran nese aspecto.

Deixar un comentario