Non, aínda non foi anunciado ningún Super Mario para Wii U, mais todos sabemos que só é cuestión de tempo que isto aconteza.
Con todo, por vez primeira parece ser que o problema de crear outro título de Mario é o exceso de ideas, xa que Yoshiaki Koizumi, director do próximo Super Mario Land 3D deixou caer nunha entrevista que ten ideas de máis para realizar este título.
“Teño moitas ideas neste momento para xogos de Mario en Wii U. Vou ter que comezar a reducilas na miña cabeza e pensar en cales funcionarían ben para producir una experiencia agradábel no sistema”
Teñamos esperanzas en que esta hipotética redución de ideas sexa para ben e non pretendan facer unha innovación demasiado… radical. Espera, ninguén falou de innovación verdade?