Os creadores do Crysis, un shooter que obtivo máis que excelentes críticas ao redor do mundo (porén a min non me rematou por convencer), xa están a preparar un novo proxecto en forma de shooter (non deben querer abandonar o xénero).
Isto sábese despois de ser descuberto o perfil persoal dun empregado da propia compañía, na cal atoparon unha nova IP correspondente ao xénero mencionado.
Non se sabe se é outra das múltiplas estratexias de márketing ou se por un casual resultou ser certo o erro deste empregado, mais non só serviu para saber que están a traballar noutro xogo presumiblemente para PC, Xbox 360 e PS3. Tamén se descubriu a existencia doutro título cancelado que tiña como nome Redemption, que estaba pensado para shooter en terceira persoa.