Vénse de lanzar o pack The Humble Indie Bundle #3, ou o que é o mesmo, un pack de xogos indies, en que o xogador paga o que estime oportuno, compra varios xogos e reparte os beneficios entre un par de asociacións benéficas e os programadores como el estime oportuno.
Os xogos ofrecidos nesta edición (a cuarta, xa que houbo unha edición especial non numerada) son 5 grandes xoias indies, feitas con agarimo, en que se acumulan horas de xogo e diversión. Estamos a falar de Crayon Physics Deluxe, Cogs, VVVVVV, Hammerfight e And Yet it Moves.
Como xa comentei, os cartos podedes escoller como repartilos entre os programadores e dúas asociacións benéficas que neste caso son a fundación Child’s Play e a Electronic Frontier Foundation. Unha iniciativa que a min polo menos me fai continuar tendo esperanza na humanidade.
Déixovos o vídeo de presentación e tras este toda a información do pack.
Web The Humble Indie Bundle || Web Child’s Play || Web Electronic Frontier Foundation
Edito: Esquecía comentar que son xogos para Linux, Mac e Windows, non hai escusa!
A verdade é que o resto de videoxogos non os probei, pero teño que dicir que o VVVVVV é unha auténtica viciada. Engancha cousa mala, avísovos.
E que esta iniciativa é xenial, eu teño tódolos Bundles, encántame mercar xogos así.
PD: É escusa, ou excusa? xDD
É ‘escusa’, con ‘s’, puxéchelo ben 😉