Scott Henson e Nick Burton como portavoces da Rare estiveron a falar sobre Adolf Kinect nunha entrevista. E non dubidaron en declarar o seguinte: “Kinect 2 xa está aquí”.
Segundo eles non significa que haxa outro cacharriño mellorado, se non que desde que se lanzou a cámara da Microsoft as melloras foron moi pronunciadas e xa podemos a falar dunha segunda xeración de videoxogos para o Kinect.
Ao longo das súas conversas desfixéronse en loubanzas para este aparello dicindo que o Kinect é todo software (con excepción da barra sensora), polo que se pode mellorar continuamente. E disque actualmente só se aproveitou entre 10 e 15% das posibilidades.
Xa hai ben tempo que sei que a Rare non é o que era. De feito nin se debería permitir o luxo de se chamar así, porque moitos pódena confundir coa Rare que creou grandes xoias como Banjo Tooie, Donkey Kong Country ou GoldenEye.