Hai uns meses Activision anunciara que a saga Guitar Hero estaba morta e que abandonarían o proxecto para sempre. A que era debido isto? Os xogadores tiñámolo moi claro. A exaxerada sobreexplotación da saga con xogos clónicos totalmente prescendíbeis fixeron que os usuarios fosen perdendo o interese por estes xogos musicais, e con isto un fracaso nas vendas.

Mais a Activision mudou de idea e ten planos para o futuro desta saga que causou tantas alegrías e algunha desilusión. Deste xeito pretenden reinventar a saga de novo, e digo reinventar porque prometen comezar un novo capítulo desde cero, sen imitacións clónicas, de aí a mudanza radical.

Unha nova equipa de desenvolvemento será a encargada de realizar esta remodelación completa, en palabras de compañía:

Vamos voltar aos estudios e vamos usar novos equipamentos de desenvolvemento, novos estudios, e reinventar ‘Guitar Hero’. A compañía estaba tan emocionada seguindo o camiño que marcaba o ‘DJ Hero’ que quizá abandonamos ese punto de innovación que unha franquía como o ‘Guitar Hero’ require.”

Persoalmente agradoume a nova, máis que nada porque son moi seguidor do ‘Guitar Hero’. Mais por outro lado teño medo que esta mudanza radical traia consigo novas formas “ruíns” de xogar. Tan complexo sería realizar un título como o ‘Guitar Hero 3’?

Visto en: VidaExtra

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario