Só dous mesiños, só dous meses para poder xogar a esta xoia de videoxogo, apenas dous meses para saber en que remata Marcus e o seu pai.

Para que a espera non se faga tan longa, Epic Games móstranos outro dos seus Diarios de desenvolvemento do videoxogo, esta vez intitulado “Crescendo”.

Está claro que o Gears of War 3 vai ser un dos títulos máis épicos da consola da Microsoft (e do resto pode que tamén), mais neste vídeo coméntannos que tamén pretenden centrarse nas historias persoais de cada personaxe, a vida deportista de Cole, Marcus e o pai, Maria e Dom…, e Cliff B. dinos que perdeu o pai aos 15 anos polo que lle toca de perto este tema.

Chegarán ao nivel de dramatismo de Maria e Dom? Irán un paso máis alén? Conformaranse?

Como dixen ao principio, dous mesiños, só dous meses e todas as dúbidas serán resoltas, apenas dous mesiños…

http://www.youtube.com/watch?v=Lhb-_dZa164&feature=player_embedded

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Diario de desenvolvemento do ‘Gears of War 3’”

  1. Pufff… como me tarda en chegar!!!!

    Por certo, é cousa miña ou por fin poderemos empregar a “espada” dos Butcher??? Iso si que pode molar!!! JAJAJAJA E o resto de armas tampouco pintan nada mal, a verdade. Na beta que tivemos fai uns meses xa puidemos ver algunha e a verdade é que estaban bastante ben.

    Outra das cousas que máis me chama é que parece ser que se poderá xogar a campaña en cooperativo de ata 4 xogadores, o que a verdade está bastante ben.
    Xa queda menos!!!

  2. Skaltum di:

    Se xogar o campaña cun colega xa era diversión en estado puro,non me quero imaxinar como pode ser con tres colegas en modo “locura”, que ganiñas de metelo na consola.

    E as armas parece que serán un punto forte do xogo, pero a verdade, a min cun martelo da alba, un francotirador e un lancer xa vou tirandiño jajaja.

Deixar un comentario