«The Darkness 2» retrasado até febreiro de 2012

Por: Mércores, 20 de Xullo de 2011

Comezamos o día con entre malas noticias e as moi malas noticias, dependendo se xogaches á primeira entrega de The Darkness. Os que xogamos e desfrutamos como xabarín entre o millo do The Darkness sabemos que temos motivos para nos pórmos tristes, porque como consiga ser tan divertido como foi o seu predecesor, estaremos ante un grande lanzamento.

O título que estaba previsto para este outubro foi atrasado até 2012, concretamente no 10 de febreiro. 2K non mencionou os motivos aparentes pero podemos imaxinar que será polo de sempre, “puír detalles”.

A propósito, tamén se comeza a rumorear polas redes que poderá haber unha versión para a Wii U. Mais como xa dixen, polo de agora só son rumores.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “«The Darkness 2» retrasado até febreiro de 2012”

  1. MERDA, MERDA E MÁIS MERDA!!!! Eu que xa o tiña pedido como regalo de cumpreanos… sniff… snifff….

    Agardemos que a espera merezca a pena… jejeje

Deixar un comentario