Videoxogos contra o cancro

Por: Luns, 18 de Xullo de 2011

http://www.videojuegoscontraelcancer.es/

Se hai pouco falabamos de Juegaterapia, hoxe falamos dun evento que vai na mesma liña. Videojuegos contra el cáncer é unha maratón de videoxogos que terá lugar nos días 22, 23 e 24 en Madrid. Os fondos que se recaden dividiranse á metade, unha para a AECC (Asociación Española Contra el Cáncer) e outra para Juegaterapia.

Ben sei o que estades a pensar, se eu vivo na Galiza, como podo colaborar? Pois ben sinxelo. A maratón retransmítese por streaming vía Internet. A cada hora farán o sorteo dun videoxogo (podedes ver a lista) para aqueles que fixesen unha doazón dun euro na súa conta de PayPal. É dicir, cando fas unha doazón dun euro entras no sorteo que se faga logo a seguir, podendo despois participar noutro sorteo doando un euro na hora seguinte. Todas as doazóns que foren feitas antes do comezo do evento entrarán no primeiro sorteo.

Para toda a información poño os medios de comunicación de que dispón o evento:

Web: http://www.videojuegoscontraelcancer.es/
Correo-e: contacto@videojuegoscontraelcancer.es
Facebook: http://www.facebook.com/pages/Videojuegos-contra-el-cáncer/213439…
Twitter: http://twitter.com/vdjvscancer

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario