Estamos acostumados a ver o bo de Mario superar centos de obstáculos que tentan imposibilitar a súa chegada ao castelo, mais tamén estamos acostumados a ver este protagonista perecer no intento.

E como transformar todas estas mortes en arte? Pois este vídeo é o exemplo a seguir. Unha selección de imaxes impecábeis e unha música absolutamente encantadora (por favor, se ides ver este vídeo sen música non o fagades) compoñen unha curtamentraxe que aqueles melancólicos coma min agradecerán eternamente.

Estou a exaxerar? Pode ser, pero correxídeme despois de velo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Crónica de mil mortes anunciadas… de Mario”

  1. AmilGZ di:

    Ao vídeo só lle falta que ao final a princesa fose un toad que dixese ‘Thank you Mario! But your princess is in another castle!’.

Deixar un comentaio a AmilGZ