Vamos a contar mentiras tralará, vamos a contar mentiras tralará, vamos a contar chorradas.
1- Na próxima xeración Sony e Microsoft uniranse para crear unha consola única.
2- Microsoft mercou Sony.
3- Sony mercou Microsoft.
4- As dúas compañías fusionáronse para derrotar o Máxico Bu.
Está ben, o titular chama moito a atención, de feito todo o mundo está especulando sobre o que poderá ser. Eu barallo dúas opcións, a primeira que sexa un simple proxecto de márketing e a segunda que se trate sobre algunha unión sobre temas de dispositivos móbiles.
De todos os xeitos ninguén sabe absolutamente nada sobre o tema, polo que teremos que agardar.
Parece que xa se aclarou un pouco o tema:
Segundo comentou Frank Shaw (Vicepresidente de comunicacións de Microsoft) na súa conta en Twitter, foi simplemente unha estratexia defensiva de rexistro do nome para ambas compañías, para evitar un caso similar ó do dominio ‘modernwarfare3.com’.
Por agora Sony non se pronunciou…