Xogaremos a títulos da Xbox 360 no PC?

Por: Martes, 12 de Xullo de 2011

Este rumor está a invadir a rede por completo, xa que segundo parece co próximo sistema operativo de Microsoft, Windows 8, os xogos da Xbox 360 poderían ser compatíbeis con este novo sistema.

Que supón isto? Pois que poderemos introducir calquera disco da Xbox 360 no noso computador e este ha de reproducilo sen problema ningún. Mesmo poderemos xogar online e baixar o contido descargábel.

Mais se isto se realizar ten un par de contras. A primeira delas, e a que máis ha de influír nos consumidores, é que para ter este servizo haberá que pagar unha cota mensual. A segunda eiva é que, aínda que se poida xogar online, non se van poder xogar partidas misturadas entre usuarios de Xbox 360 e PC, é dicir, non se poderán enfrontar entre eles.

Como dixen, se isto deixa de ser un rumor, que pretenderá Microsoft? Unha nova consola en breve sen retrocompatibilidade? Que cadaquén tire as propias conclusións.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Xogaremos a títulos da Xbox 360 no PC?”

  1. Leo di:

    Vexoo pouco probable, pois se non me equivoco o procesador da Xbox e un IBM e hai que ter en conta que non todos os PC´s contan cas mesmas prestacións. Como non sexa emulado…

Deixar un comentaio a Leo