Tráiler do ‘Soul Calibur V’

Por: Venres, 8 de Xullo de 2011

Se estivese a falar cun colega: “Bah, o Soul Calibur é a mellor saga de loita, nin Tekken, nin DoA, nin trapalladas”

Se estivese a falar coa familia: “Existe unha saga de loita que mola moito, chámase Soul Calibur e van sacar a quinta parte dentro de pouco”

Se estivese a falar cun alien: “agghhhah auhaasss guaaajjjjjjhhehhee”

Se estivese a escribir nunha páxina de videoxogos: De entre todas as sagas de loita debemos ter moi en conta Soul Calibur, tanto pola rapidez das súas pelexas como pola súa espectacularidade. Agora chéganos o último tráiler da quinta parte, onde podemos observar novas técnicas e o típico espectáculo a que nos ten acostumados.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario