‘Burnout Crash’, a nova obra da Criterion

Por: Venres, 8 de Xullo de 2011

Sempre considerei a saga de condución desenvolvida pola Criterion, Bornout, como unha das máis divertidas da historia (con permiso do Mario Kart, abofé).

Gráficos impactantes, unha sensación de velocidade nunca conseguida por ninguén e, como xa dixen, unha diversión que engancha desde o primeiro momento.

Pois agora presentan o seu novo proxecto oficialmente, que trae como nome Burnout Crash e será un título para descargar. Se xa sorprende que sexa un xogo descargábel (aínda que xa corrían rumores sobre este feito), máis chama á atención como se desenvolverá. Será un título con vista cenital, dando máis sensación de minixogo que de título serio.

O título vai saír neste outono para Xbox Live e PSN.

Criterion, onde carallo deixaches o Paradise 2? Ou mellor aínda, por que non volves crear Burnout 3: Takedown 2? En fin, estamos a falar da Criterion, polo que seguramente acabará por ser un título divertido.

ACTUALIZADO CON VÍDEO: mala pinta, moi mala pinta…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario