Dun tempo para acá vénse falando da adaptación da xenial saga Mass Effect á grande pantalla. E volvín sentir o mesmo que cando sacan estas adaptacións, entre curiosidade e mágoa.
Se ben somos todos moi conscientes de que ben poucos filmes baseados en videoxogos superan o aprobado, neste caso quero dar unha mínima oportunidade a este filme. Por que? Pois porque estará baseado no primeiro videoxogo, título onde recae a inmensidade do argumento, polo que neste caso non poden dicir que non teñen un argumento decente para realizar este proxecto. Se o estragan é culpa dos que están a desenvolver este proxecto, como sempre. E diría máis, mesmo hai diálogos que os poden exportar directamente do propio videoxogo, porque se recordades había diálogos verdadeiramente bos.
Pois esta noticia nace cando nos informan que o propio filme estará presente na Comic Com (do 21 ao 24 de xullo), na cal estarán o encargado do guión Mark Protosevich e o responsábel de Bioware Casey Hudson.
Como terminará este filme? Estará á altura da saga intergaláctica? Terá o suficiente éxito como para se atreveren coas seguintes entregas?