Memoria Pixelada estrea apartado, un apartado chamado Frikimaxes e que recollerá as imaxes e gifs máis “peculiares”, “curiosas”, “rechamantes” e mil sinónimos máis sobre este mundo pixelado.

Porque non nos enganemos, todos temos algo de “friki” dentro de nós, e para paliar este baleiro deberedes ver diariamente esta nova sección, xa que a súa actualización será diaria e constante para non vos deixar nunca sen a vosa ración de curiosidades.

Sen máis dilación, convídovos a somerxervos en Frikimaxes, un apartado que está a dar os primeiros pasos, pero que en pouco tempo ha de ter a mellor selección de imaxes “frikis” da rede.

Espero que vos agrade.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario