O primeiro que vos direi é que nunca fun demasiado seguidor destas versións HD, nas cales na maioría das veces case non se toca o xogo orixinal e cóbrannolo como novo.
Mais neste caso estamos ante algo realmente grande, e non só pola propia calidade dos videoxogos (que é algo incuestionábel) senón porque se fixo un traballo realmente bo nesta revisión HD. É impresionante como se ven estes dous videoxogos, asegúrovolo. Revivir estas dúas aventuras máxicas e todo cun apartado gráfico mellorado e en alta definición ten que ser espectacular.
Para que o vexades cos vosos ollos déixovos os dous vídeos que case me fan mexar por min.
Desfrutade como merecen estas dúas xoias dos videoxogos.