Non amigos, non se trata dunha brincadeira, ou dun campamento como até o de agora coñecemos. Aínda que pareza mentira, os campamentos de verán tamén fixeron a súa aparición no mundo dos videoxogos e con eles, unhas baixadas de prezo incribles.
Como todos os anos, coa chegada do verán, no Steam tamén chegan as rebaixas, e con este divertido slogan, podemos atopar ofertas que van até o 90% de desconto.
Estade atentos, pois cada día hai distintos xogos que están sobrerrebaixados, polo que desde agora, e até o día 10 de xullo, vos recomendaría entrar todos os días no Steam, pois quizais encontredes o voso xogo favorito por un ou dous euros.
Para unha das poucas boas novas que temos os xogadores de PC haberá que desfrutala, non si?
😉
Steam mola, Steam mola, Steam mola, Steam mola, Steam mola, creo que podería pasarme así durante tres o catro horas sen ningún problema, pero creo que o mensaxe quedou claro no.
Ahh e Origin tampouco está mal. Son o futuro da venta de videoxogos
Pois eu polo de agora non vexo vixente a venta de videoxogos mediante plataformas online e a principal baza é que Internet aínda non chega a todos os lugares e en moitísimos sitios chega pero con moitas carencias.
Por outro lado estamos falando de comprar artículos por moitos cartos que realmente non existen nin nunca os teremos na man e calquera erro que bote abaixo o servidor, hackers ou calquera dos mil e un problemas que pode haber pódenos custar moitos cartos.
A min, honestamente non me gustaría que acontecese isto, porque onde quedaría o encanto de ir á tenda, pedirlle o Ocarina of Time, miralo de arriba abaixo, ler as instrución, cheiralo…?