Hoxe chega a beta multixogador do ‘Uncharted 3’

Por: Mércores, 29 de Xuño de 2011

Para todos aqueles usuarios da PS3, sei que estades á espera do lanzamento do Uncharted 3: Drake´s Deception. E non é para menos. Mais como sabedes aínda haberá que agardar até novembro.

Pero tranquilos, porque hoxe aterra a beta do multixogador desta exclusividade de Sony para que vos vaiades facendo unha idea do que nos depara. Iso si, só poderás descargala se tes unha conta de PSN+ ou o código que viña dentro da caixa do InFamous 2. E que pasa co resto? Pois que terán que agardar ao 4 de xullo, día en que todo o mundo poderá probar esta beta.

A mencionada Beta durará até o 13 de xullo polo que se queredes explotala como é debido non vos despistedes. Dentro da Beta existen unha serie de recompensas que poderedes gañar como:

– Por descargar a Beta, recibiremos un avatar exclusivo de Beta Tester.
– Completando 10 partidas en cada modo multixogador competitivo, outorgarannos o Beta Decal Pack 1.
– Completando 5 partidas en modo cooperativo, darannos acceso o Beta Decal Pack 2.
– Por superar 4 veces un desafío de levar o tesouro, o Treasure Hunter’s Starter Pack.
– Se chegamos ao nivel 25 (máximo na beta), darannos diñeiro virtual para empregar na versión final.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario