Existe algún xogo de Zelda mao? Non creo, mais se houbese que facer unha listaxe sobre que Zelda é o mellor, moitos usuarios habían de pór este título da Game Boy arriba de todo.
Como saberedes saíu na eShop (a tenda online de 3DS) a un prezo totalmente abusivo de 6€.
Pois ben, calquera que teña HTML5 poderá desfrutar deste título totalmente gratis e sen necesidade de instalar nada, e o mellor de todo é que almacena a partida gardada só con premer X + Z + Shift + Enter.
O control non sorprenderá a ninguén:
– Botón A: Tecla X
– Botón B: Tecla Z
– Botón Select: Tecla Shift
– Botón Start: Tecla Enter
Xa sabedes, se queredes revivir outro dos míticos xogos de Zelda e pasar unhas agradábeis tardes só tedes que premer na ligazón a seguir. Desfrutádeo.
Teño que decir, que sí hai xogos de zelda malos, algún día falarei de eles, so digo unha cousa, CDI.
E agora a viciarme a este gran invento.
Eu engadiria ao apontado por Agrella o ‘Zelda II: The Adventure of Link’ da NES. Mas sim, o Link’s Awakening é um dos que mais enganchado me tivêrom 😉