Disparos por aquí, unhas explosións por alá, uns inimigos un chisco diferentes neste lado e todo isto nunha perspectiva en primeira persoa son os factores indispensábeis para crear un novo FPS.
Sempre me recoñecín seguidor destes xogos pero a verdade é que o novo tráiler do Bodycount non me chama absolutamente nada a atención. Será porque estamos saturados deste tipo de xogos? Será porque hai títulos infinitamente mellores que xa representan esta categoría?
Será polo que sexa, mais cando observo este tráiler paréceme estar a ver outro xogo clon, outro para o montón.